Skirl toma un respiro tras un ano de xira cun último concerto na Sala Karma
Por Redacción
A Sala Karma acollerá este venres 18 de setembro un concerto moi especial para a banda pontevedresa Skirl. Chega o seu fin de xira e moitos dos compañeiros doutros grupos da escena musica da cidade queren compartir con eles este momento. Será a partir das dez da noite.
Despois dun ano percorrendo os escenarios galegos e de parte do territorio peninsular -con concertos en Santander, Oviedo ou Sevilla-, a banda de rock/grunge volve a casa para tocar en directo o seu disco homónimo.
Neste concerto estarán acompañados pola banda viguesa El Grito Chino Amenaza Los Continentes, e contarán con colaboracións de outros músicos da cidade membros de grupos coma Vortex, ¡Qué Desilusión! ou Rëisk no despregue do seu potente directo, que lembra aos sons máis roqueiros dos anos 90 actualizados ao día de hoxe.
Tras este concerto e case catro anos de concertos sen interrupción, o grupo fará un parón para centrarse na composición e produción do seu seguinte disco, que previsiblemente será editado a finais do ano 2016.
As entradas anticipadas para este último concerto da xira poden comprarse no local El Pequeño ou poñéndose en contacto co grupo vía redes sociais, cun prezo de 4 euros. Se se merca na billeteira da Sala Karma serán seis euros.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Carlos Pereiro. Un xornalista, músico e 'gamer' que oposita para ser profesor
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Neuman, LA, Guadalupe Plata, Helena Goch ou os pontevedreses Skirl e Qué desilusión!, en outono na Sala Karma
Por Alejandro Espiño |
-
Skirl estrea "Worthless", un videoclip baseado no concepto dos memes
Por Alejandro Espiño |
-
Primeiro disco de Skirl, os herdeiros pontevedreses do grunge de Seattle
Por Redacción |