A choiva chega para quedar a curto prazo nas Rías Baixas
Por Redacción
O bo tempo, as temperaturas agradables con momentos de calor e os ceos despexados e azuis chegaron ao seu fin e desde este mércores dan paso á choiva. Ademáis, a auga chega para quedarse e prevese que estará presente, como mínimo, ata a vindeira semana.
Segundo a previsión de Meteogalicia para Pontevedra, durante esta semana agárdanse precipitacións todos os días. A previsión será de ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados.
En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas en relación co agardado para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.
En relación coa temperatura, cabe lembrar que si que se rexistrou un descenso importante das temperaturas durante os últimos días e con respecto ao tempo primaveral das últimas semanas. Para a recta final da semana, entre mércores e venres, agárdanse que os termómetros baixen mesmo ata os 5 graos de mínimas.
Máis a medio prazo, non se agardan cambios significativos na situación meteorolóxica para os próximos días, xa que Galicia continuará na influencia das baixas presións con aire frío nas capas altas da atmosfera o que deixará unha alta probabilidade de precipitación en xeral con temperaturas baixas para a época do ano.