Ponteguapa reparte 4.000 plantas entre a veciñanza
Por Mónica Patxot
Chega a primavera e con ela regresa Ponteguapa, unha iniciativa municipal que vén cargada de actividades lúdicas, obradoiros e actividades que completarán o reparto de plantas, que identifica esta iniciativa.
Para encher os balcóns de cór. Entregaranse 4.000 plantas das variedades petunias, calibrachoa, margaridas e perlagonium (xeranios) en varias xornadas de reparto, a primeira foi este venres 29 na Praza Peregrina. A seguinte ten lugar este sábado ás 11.00 horas na Rúa Virxe do Camiño e para a vindeira semana o venres 5 de abril, ás 18.00 horas na Praza da Audiencia e o sábado 6 de abril ás 11.00 horas na Praza José Martí.
O reparto de plantas vai acompañado de outras actividades que se desenvolven simultaneamente nas zonas que acollen esta iniciativa. Obradoiros infantís de flores de origami e material de refugallo, contacontos da man de Polo Correo do Vento, así como actuacións musicais que animan esta nova cita con Ponteguapa.
Ademáis esta edición de Ponteguapa inclúe obradoiros de coidado e ornamentación de balcóns da man do paisaxista José Souto, galardoado hai uns días co premio a Mellor Xardín Galego.
Impartirá dúas sesións gratuítas, de 2 horas cada unha, o xoves 4 de abril, ás 18.00 horas na praza de Ourense, e o mércores, 10 de abril, ás 18.00 horas mos xardíns de Marescot (diante de Belas Artes). En caso de mal tempo, as actividades formativas impartiranse na Casa da Luz.
E tamén a Casa da Luz acollerá unha exposición de bonsais dende o día 3 ao 7 de abril. Esta mostra inclúe un obradoiro que terá lugar na Casa da Luz o mércores 3 de abril, ás 19.00 horas.
O programa incluirá a creación dunha escultura nos xardíns de Marescot.