Marín conmemora a súa liberación das tropas invasoras napoleónicas
Por Redacción
Este venres tivo lugar a presentación das actividades do 4 de abril, Día da Liberación de Marín das tropas invasoras napoleónicas, grazas a xesta das "alarmas do Morrazo" capitaneadas por Juan Gago de Mendoza.
A festa inclúe a entrega do "Premio Liberación" que foi concedido ao Liceo Casino de Marín. O pasado ano entregaron o premio, a título póstumo, aos familiares do xurista Julio Pazos Gómez.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, informou que neste acto repartiranse exemplares da publicación de banda deseñada "Gago de Mendoza".
O programa de actos está organizado polo Concello e a Asociación para a Defensa de Marín (Ademar).