Marín non esquece a súa historia durante a corentena e conmemora cun vídeo os 211 anos da liberación
Por Redacción
A corentena obrigada polo estado de alarma non é impedimento para que Marín lembre a súa historia. Este sábado, a pesar das restricións de desprazamentos e de que non é posible realizar actos públicos, o Concello conmemora o Día da Liberación da vila das tropas napoleónicas, data da que este 4 de abril se cumpren 211 anos.
A conmemoración é moi diferente á de anos anteriores e faise a través dun vídeo explicativo daquela liberación da vila que foi posible grazas á intervención das coñecidas como Alarmas do Morrazo, pelotóns de paisanos da vila que, capitaneados por Gago de Mendoza, asaltaron o Forte de San Fernando, ocupado polos franceses, e libraron unha batalla con eles na que recuperaron Marín.
O Concello e Ademar (Asociación Para A Defensa de Marín) adoitan rememorar a data cun acto público que rememora esta fazaña histórica e nesta ocasión idearon esta peza audiovisual pensada para nenos e adultos e elaborada a partir das ilustracións do cómic deseñado por Era Comunicación o ano pasado. Pode verse nas redes sociais oficiais do Concello e na canle de Youtube.
En canto ao cómic, úsase como material didáctico nos centros educativos da vila e no presenten curso académico realizáronse visitas teatralizadas. Agora, para poder amenizar o confinamento, publicouse de maneira íntegra na páxina web municipal.
Esta iniciativa enmárcase dentro da iniciativa 'En Marín, #ACulturaSegue', impulsada pola Concellaría de Cultura, para poder achegar ás casas dos marinenses a cultura da localidade namentres duren o confinamento e o estado de alarma.
Relacionadas:
-
RADIO.- García Jambrina lembra aos heroes de Ponte Sampaio en 'Así en la guerra como en la paz'
Por Marisa Ciordia |
-
De cando Manuel Torres viviu a pandemia de gripe de 1918 e outras pílulas de cultura sobre o pintor
Por Redacción |
-
Marín promoverá a figura de Gago de Mendoza con visitas teatralizadas nos colexios
Por Redacción |
-
Marín lembra a xesta do ano 1809
Por Redacción |
-
Marín conmemora a súa liberación das tropas invasoras napoleónicas
Por Redacción |