Marea Pontevedra pedirá apoio no pleno para instar á Xunta a que se esqueza das obras na EDAR de Praceres

Por Redacción
Marea Pontevedra presentou unha moción para que se debata este luns 1 de abril no último pleno do actual mandato sobre a ampliación da depuradora dos Praceres (EDAR). No escrito solicitan que a Xunta de Galicia non licite a mellora prevista e orzamentada con máis de 16 millóns de euros.
Temen que se se acometen estes traballos vai consolidarse a ubicación actual da planta e co proxecto do emisario non se recuperarán os terreos gañados ao mar para un uso social.
A agrupación que lidera Luís Rei lembra que no pleno do 16 de outubro de 2018 rexeitouse con acordo unánime do pleno do Concello calquera solución que pasara pola ampliación da EDAR actual e tamén acordábase reducir o volume que se trata actualmente nas instalacións de Lourizán, coa eliminación das augas que proceden dos municipios de Marín e Poio.
Na proposta para este vindeiro pleno reclámase que o Concello inste á Xunta de Galicia a desistir de sacar a licitación o proxecto denominado de "mellora da depuradora dos Praceres e do novo emisario submarino".
Relacionadas:
-
O PP di que "non hai ningún proxecto" para ampliar a EDAR dos Praceres pero non o descarta
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas reclaman á Xunta que adecúe a mellora da EDAR dos Praceres á normativa europea
Por Redacción |
-
A eurodeputada Lidia Senra traslada á Comisión Europea a preocupación veciñal pola ampliación da depuradora
Por Redacción |
-
O movemento veciñal de Lourizán quere que os grupos políticos insten á Xunta a facer un estudo de saneamento da ría
Por Redacción |