Luisa Piñeiro reclama a mellora integral da estrada Couso-Santa Xusta
Por Redacción
A alcaldesa de Moraña e candidata popular, Luisa Piñeiro, vai reclamar á Deputación de Pontevedra que execute unha mellora integral da estrada provincial EP-8201 Couso-Santa Xusta.
Piñeiro considera que a reforma levada a cabo "deixou de lado moitos treitos desta vía e que se corresponden precisamente cos máis deteriorados" polo que non dubidou en cualificar a obra de "chapuza" e "parche superfluo".
A alcaldesa valorou o proxecto, "xa que todo investimento que veña para Moraña é ben recibido", pero criticou que non é "unha acertada cobertura".
Ante esta situación, a rexedora anunciou que vaise dirixir en vindeiros días á Deputación de Pontevedra para poñer en coñecemento desta situación e solicitarlle que proceda, no prazo máis curto posible, a extender a reforma e mellora a toda a estrada entre Couso e Santa Xusta.
Finalmente, Luisa Piñeiro tamén lamentou a falta de avances no proxecto de ensanchamento desta estrada EP-8201.