Os traballadores do Museo opóñense a que sexa un organismo autónomo e que se transfira á Xunta
Por Oskar Viéitez
Os traballadores do Museo de Pontevedra expresaron en asemblea o seu rexeitamento á constitución desta entidade cultural como Organismo Autónomo e tamén a súa oposición á transferencia á Xunta de Galicia deste centro dependente da Deputación.
Os delegados da UXT no comité de traballadores do Museo deron conta este luns en rolda de prensa do resultado da asemblea á que asistiron 42 dos 56 empregados laborais que ten a institución. No persoal desta institución tamén hai 5 funcionarios e 6 bolseiros.
O secretario da Federación de servizos públicos de UXT, Juan Loureiro indicou que os traballadores queren que os responsables políticos da Deputación infórmenlles dos seus plans "xa que o que sabemos é a través dos medios de comunicación".
Neste sentido reiteraron a súa solicitude de entrevista co vicepresidente a Deputación, César Mosquera e o deputado responsable de Cultura, Xosé Leal.
En nome dos traballadores os delegados de UXT Patricia García e Luís Seco transmitiron a "gran incerteza" existente no persoal ante a "falta de información".
Segundo explicaron, se o Museo volve ser un organismo autónomo os traballadores sairán "prexudicados" nas súas condicións laborais fronte ás "vantaxes" que supón formar parte directamente da Deputación en cuestións como promoción interna ou concursos de traslados.
Relacionadas:
-
Comisións Obreiras pide "que non se utilice aos traballadores con finalidade política"
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta traslada á Deputación a súa "plena e inmediata disposición" a asumir o Museo
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Aberto o prazo de achegas para a elaboración do estatuto do organismo autónomo do Museo
Por Redacción |
-
Cultura pide información sobre o Museo para "comezar a traballar" no seu traspaso
Por Alejandro Espiño |
-
"Órdago á grande" da Deputación. Ofrece á Xunta o traspaso de 6 equipamentos
Por Oskar Viéitez |