Dá positivo en alcohol e cocaína conducindo sen puntos no carnet e co seu fillo de dous anos
Por Redacción
Non era a primeira vez que a sorprendían conducindo sen puntos no carné pero, sen dúbida, si a máis grave.
Unha muller de Cambados, que esgotara o saldo de puntos por infraccións previas, deu positivo por alcol e drogas. Todo ocorreu cando, xunto a ela no coche, viaxaba o seu fillo de dous anos.
A Garda Civil investígaa por un delito contra a seguridade viaria, que se suma ao que xa se lle imputa por conducir o seu coche sen puntos a finais do pasado ano.
Ademais, os axentes puxeron os feitos en coñecemento da Fiscalía de Menores por se procede a adopción dalgunha medida cautelar ou de protección con relación ao seu fillo.
A muller, segundo informa o instituto armado, circulaba baixo os efectos do alcol -con resultados positivos de 0.36 e 0.33 mg/ l-, e tamén deu positivo en cocaína.