Cerdedo-Cotobade pecha o segundo orzamento despois da fusión cun superávit de 465.000 euros
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de pechar a liquidación do seu segundo orzamento municipal despois da fusión entre os dous municipios, correspondente co ano 2018. O resultado foi dun superávit de 465.190 euros e un remanente de tesourería de 1,3 millóns de euros, segundo se recolle nos correspondentes informes técnicos de Secretaría e Intervención.
O informe dos servizos económicos do Concello revela que o volume de débeda financeira viva a 31 de decembro de 2018 mantense en cero. Deste xeito, Cerdedo-Cotobade permanece no grupo de municipios sen pasivo, que só son a cuarta parte de todos os da provincia.
Os informes oficiais da liquidación das contas de 2018 confirman así mesmo que o Concello cumpre cos principios de estabilidade orzamentaria e, loxicamente, co do límite de débeda.
O presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, valora que se lle dá continuidade "á boa saúde económica" das contas municipais, xa que a primeira liquidación conxunta tras a fusión arroxou un resultado orzamentario positivo de 176.000 euros, o que se significa que se multiplicou o superávit por tres.
Cubela explica que Cerdedo-Cotobade sempre foi un concello moi responsable que "actúa con rigor, que non ten débedas e que pode presumir de ter unha boa saúde económica e de rexirse por unha absoluta seriedade á hora de administrar os cartos de todos os veciños, que creo que están moi tranquilos e satisfeitos da xestión que se fai dos fondos públicos.
Relacionadas:
-
Unha revisión oficial do censo electoral de Cerdedo-Cotobade revela a existencia de 200 persoas en situación irregular
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade eleva o seu orzamento ata os 5,11 millóns de euros para 2018
Por Redacción |
-
Cubela, satisfeito polo superávit de 176.000 euros obtido no primeiro balance económico de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |