A Forza de Guerra Naval Especial da Armada adéstrase na ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Desde o pasado día 11 de febreiro e ata o próximo 22 deste mesmo mes, a Forza de Guerra Naval Especial da Armada, trasladouse a Galicia para realizar exercicios e adestramentos en augas e clima frio Atlántico como parte do seu programa anual de adestramento.
Durante este período, a unidade realizará diversos adestramentos e exercicios de operacións especiais.
Para iso adoptaron como base a Escola Naval Militar de Marín, desprazándose a Ferrol en varias ocasións para realizar exercicios e colaboracións cos alumnos das Escolas da Armada alí situadas.
Os exercicios se están a levar a cabo con helicópteros da Flotilla de Aeronaves da Armada e unha unidade cinológica do Terzo de Levante de Cartaxena así como un Grupo de apoio do Terzo de Armada.
A Forza de Guerra Naval Especial é o compoñente de operacións especiais da Armada. Entre as súas misións figuran o rescate de reféns, recoñecementos especiais, abordaxe e liberación de buques mercantes, operacións contra terrorismo marítimo, entre outras.
Realizaron misións en Líbano, Somalia e Iraq, entre outros países, durante os seus dez anos de existencia.