Portas abertas na Escola Naval para visitar o Buque de Acción Marítima "Furor"
Por Redacción
Este sábado 9 de febreiro fará escala na Escola Naval Militar o sexto Buque de Acción Marítima (BAM) "Furor" (P-46), no seu cruceiro inaugural tras finalizar o seu período de construción e probas en Ferrol.
O "Furor" estará na Ría de Pontevedra ata o vindeiro domingo 17 de febreiro. Desde alí partirá ao que será o seu porto base, o Arsenal Militar de Cartaxena.
O vindeiro sábado día 16 terá lugar unha xornada de portas abertas para poder visitar o buque que estará atracado no peirao de Torpedos na Escola Naval, permanecerá dispoñible para visitas en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 18.00 horas.
Durante a súa estancia en Marín, realizará no Centro de Medidas Electromagnéticas situado na Escola Naval, as preceptivas medidas electromagnéticas e da súa "superficie equivalente radar" que todo buque da Armada debe ter. Igualmente aproveitará a visita para participar na formación dos futuros oficiais da Armada con diversas actividades en porto e na mar.