O vindeiro xoves 14 está sinalada a onomástica de San Valentín e para esa data Team Cherrie presenta novo contido de 'Hollow Knight'. É unha das noticias que Carlos Pereiro trae neste programa da Gruta de Gizamaluke na sección 'Que pasa non mundo?'. Outro dos títulos dos que fala nesta ocasión é 'Final Fantasy VIII' que acaba de cumprir vinte anos.
Queres saber ademais que outros videoxogos saen ao mercado esta semana?, escoita ou descarga o podcast de PontevedraViva Radio e poderás decatarche. Juan Sanmartín, outro xornalista, acompaña a Carlos Pereiro na análise que fan de 'Kingdom Hearts 3', un xogo que comezaba fai dezasete anos. Non falta outra das seccións habituais como é 'Preme ou play!' na que esta vez recoñecerás facilmente a selección de Pereiro como dj.
E para terminar, atención gamers porque "un novo battle royale entra en xogo: 'Apex Legends' , Carlos e Juan debaten respecto diso.