Falece un veciño de Vilanova tras sufrir un accidente co tractor que manexaba
Por Redacción
Tráxico suceso o acontencido na mañá deste sábado 9 de febreiro en Vilanova de Arousa.
Un home, veciño do municipio, perdeu a vida despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba.
A incidencia tivo lugar pasadas as 11:00 horas da mañá no lugar da Pantrigueira, segundo informa o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.
Ata o lugar desprazáronse profesionais do 061, pero nada puideron facer por salvar a vida do home. Tamén acudiu unha dotación dos Bombeiros do Salnés, pero non foi necesaria a súa intervención.
Completaron o dispositivo de emerxencia efectivos de Policía Local e Garda Civil, que tratan agora de esclarecer as circunstancias que provocaron o accidente.