'Menemen' de atún ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4fb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5c5b25685c-menemen-pixabay-02.jpg)
CC BY-NC-SA Pixabay
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f6e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5e20929fbe-08410599020518_a1r1.jpg)
© Conservas Pescamar
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/07d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5af5bdd72d-atun-en-web-pescamar.jpg)
© Conservas Pescamar
Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita da cociña turca: o menemen. Este prato toma o seu nome do distrito de Menemen, na cidade de Esmirna. Trátase dun revolto de ovo e vexetais, ao que tamén se poden incorporar carnes secas.
Conservas Pescamar proponnos un menemen co toque especial que lle outorga a textura e o sabor dun dos seus produtos máis prezados: o atún claro.
O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior ao dalgunhas carnes. O seu alto contido en Omega-3 beneficia a saúde do corazón e regula os niveis de colesterol e triglicéridos. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.
Para preparar un delicioso 'Menemen' de atún ao estilo gourmet de Conservas Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes (para dúas persoas):
- 1 lata mediana de atún claro en aceite de oliva Pescamar
- 1 pemento verde
- 1 cebola
- 2 tomates maduros
- 4 ovos
- Pirixel
- Sal e pementa
Preparación:
Cortamos a cebola en rodas finas e o pemento verde en anacos pequenos. Pasámolos pola tixola cun pouco de aceite ata que a cebola estea dourada.
Incorporamos os tomates, pelados, sen as sementes e cortados en dados. Tamén engadiremos o atún claro en aceite de oliva Pescamar, escoado e feito faragullas. Agregamos un pouco de sal e pementa.
Pasados poucos minutos, en canto os tomates comecen a abrandarse, rachamos os ovos directamente sobre a tixola e cunha culler de madeira remexemos para mesturar os ingredientes.
No modo tradicional de cociñar o menemen, o ovo debe quedar un pouco solto, sen chegar a callar.
Decoramos con follas de pirixel, aínda que tamén se pode optar pola menta ou o coandro, segundo gustos.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de “A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
Relacionadas:
-
Atún Pescamar sobre maki con vinagreta
Por Noticia patrocinada |
-
Lasaña con filetes de xarda Pescamar e queixo de cabra
Por Noticia patrocinada |
-
"Quiché" de atún ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Empanadillas de bonito ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |