Nun prolongado conflito laboral que pechou 2018 coa primeira folga xeral de traballadores de Institucións Penitenciarias, xurdiu tamén o pasado ano a plataforma 'Tu abandono me puede matar'. Dita plataforma declárase como movemento asembleario, apolítico e asindical. O por que da súa creación "o esquecemento das Administracións, dos sindicatos e o descoñecemento por parte da sociedade de que fai un funcionario de prisións", afirman.
Nas Conversas na Ferrería participan catro integrantes da citada plataforma: José Manuel Monterroso, Juan Nogueiras, Marcial González e Carlos Sánchez. Explican ese contexto no que se puxo en marcha o movemento e as razóns para constituírse. De igual forma póñense cifras ao número de centro penais españois, poboación recluída e número de funcionarios de prisións.
Neste podcast de PontevedraViva Radio, de igual forma, expoñen cales son as demandas salariais, estruturais, formativas e dereitos que están a reclamar ao Ministerio do Interior.