Trasladan ao cárcere da Lama ao preso máis perigoso de España
Por Redacción
Asasinou á súa noiva, matou a patadas a outro recluso e atacou brutalmente a varios funcionarios de prisións cun estilete, así consta no historial delituoso de Fabrizio João Silva, novo recluso do Centro Penal da Lama despois de ser trasladado desde a cárcere coruñesa de Teixeiro.
Este individuo de 36 anos, natural de Guinea- Bissau, con 1,80 de estatura e máis de cen quilos, está considerado como o preso máis perigoso de España, polo que permanece illado e con fortes medidas de seguridade de acordo coa súa presenza no catálogo FIES 1, o ficheiro de internos de especial seguimento.
Fabrizio Joao foi condenado a 22 anos de cárcere polo asasinato a puñaladas da súa noiva en Bilbao no ano 2006, e despois, no 2014, foi novamente condenado a 17 máis polo asasinato a patadas e puñadas dun preso colombiano no cárcere cordobés de Alcolea. Tamén foi xulgado hai dous anos por tentativa de homicidio a oito funcionarios da prisión gaditana de Porto III, despois de agredirlles cun pincho carcelario.