O estado das praias de Marín e o seu ámbito, motivo de críticas por parte do BNG
Por Redacción
A menos dun mes para o inicio oficial do verán o estado das praias en Marín motivou as críticas do grupo municipal do BNG ao entender que se encontran nun estado "penoso", ao igual que os lugares cercanos.
Segundo defende a voceira nacionalista, Pilar Blanco, "cada vez faise menos mantemento dos areais e o goberno só se lembra destes espazos cando xa está enriba o verán".
Na súa denuncia, o BNG asegura ademais que a praia de Loira recibiu durante varios meses unha vertedura directa de augas fecais, "non é certo que este goberno fixera reforma algunha no bombeo de Loira nin na depuradora, simplemente porque nese lugar a depuradora deixou de funcionar como tal hai moito tempo. Nótase que non visitan Loira, se o fixeran saberían que o paseo do río está abandonado e destruído pola falta de mantemento".
Ademais do estado deste areal, as críticas nacionalistas céntranse nos valos e bancos dos paseos de Mogor e Portocelo, na Praia do Santo, onde aseguran que falta a rampla de acceso ao areal, e tamén nunha talla de árbores que sosteñen se realizou nas proximidades de Aguete e de Portocelo.