Paseos pola Xunqueira para observar visóns, londras e a ampla fauna e flora da braña
Por Redacción
Na braña da Xunqueira, un paseante pode chegar a observar numerosas especies de animais, entre elas, mamíferos. Os expertos afirman que na zona se encontran visóns e londras. A estas especies hai que sumar aves, libélula e anfibios. Por iso, dende a concellaría de Medio ponse en marcha un programa de visitas ao espazo natural da Xunqueira.
As actividades comezan este venres 31 cunha visita nocturna para observar a fauna que transita pola zona cando se pon o sol tanto anfibios coma aves e invetebrados. O 5 de xuño, a Casa dás Campás acolle a presentación da Guía de Odonatos que recolle as distintas especies de libélula que se poden encontrar polas marismas. O 8 de xuño desenvólvese outro proxecto que relaciona a mitoloxía e sabedoría popular en relación coa fauna da zona e poderanse ver mamíferos que roldan A Xunqueira. Ao día seguinte tamén se desenvolve unha visita guiada na que o experto Miguel Ángel Fernández axudará os participantes a recoñecer os 14 tipos de libélulas que se poden achar na zona.
O 15 de xuño se realizá unha ruta guiada para experimentar este espazo natural cos cinco sentidos e ao día seguinte organízase unha ginkana para comprolbar o efecto que os ríos provocan na paisaxe.
E o 23 de xuño dentro do programa Sinte Pontevedra desenvolverase a actividade que permitirá coñecer a natureza petrolóxica dos monumentos da cidade.
Para poder acudir a estas citas é necesario inscribirse na Oficina de Medio Natural situada na rúa Churruchaos. Tamén é posible solicitar a participación a través do correo electrónico medionatural@pontevedre.eu ou chamando o 986.100.185.