As nutrias déixanse ver polo río Lérez
Por Redacción
Cada vez resulta menos rechamante ver nutrias no tramo urbano do río Lérez.
Nos últimos anos foron numerosos os cidadáns que se atoparon durante os seus paseos á beira do río cun destes mamíferos carnívoros que mudaron os seus costumes baixando do curso alto do río ata internarse mesmo na costa. Así foron vistas en cabo Udra, Portonovo, Carril, Vilanova ou no Corgo.
De novo esta semana un transeúnte puido gravar co seu teléfono móbil a unha nutria preto da ponte dos Tirantes.
Sen dúbida esta anécdota ten unha lectura positiva xa que a presenza de nutrias supón un bo indicador do estado ambiental do río onde se alimenta de peixes, crustáceos e bivalvos, pero tamén de ratas, culebras e insectos.