Zumba a cambio de alimentos no campus de Pontevedra
Por Redacción
Máis de 150 persoas participaron este xoves na décimo sexta edición do maratón solidario de zumba que, cada ano, organiza o campus de Pontevedra para xuntar alimentos para as familias con risco de exclusión social. Foi no pavillón universitario.
Desta volta, coa colaboración de dezaseis monitores, os participantes ademais de divertirse e facer exercicio, achegaron o seu gran de area a unha iniciativa aberta a toda a cidadanía.
Foi un maratón de dúas horas dedicado a unha disciplina que combina os movementos aeróbicos cos pasos de baile.
Este evento solidario, coordinado por Bruno Hermida, logrou reunir máis de 350 quilos de alimentos non perecedoiros, que se entregarán no comedor dos Pais Franciscanos en Pontevedra.