A Peregrina acolle este venres un acto en lembranza de todas as vítimas da violencia machista en 2018
Por Redacción
A praza da Peregrina converterase na tarde deste venres 21 de decembro nun lugar para a repulsa, o recordo e a reivindicación da igualdade entre mulleres e o home e o fin da violencia de xénero.
Será con motivo dun acto organizado polo Colectivo Feminista de Pontevedra ás 20.00 horas "na memoria das vítimas do terrorismo machista" no que se rexeitarán todos os tipos de violencia machista e rememorarase a todas as vítimas deste ano 2018.
O acto levará, entre outros lemas, "unidas, diversas e combativas" e o colectivo feminista anima a todos os asistentes a levar candelas que se utilizarán durante a reivindicación.
Relacionadas:
-
Candeas e flores para lembrar a vítimas como Laura Luelmo e reclamar medidas que eviten os asasinatos machistas
Por Redacción |
-
25-N en Pontevedra: Poxa simbólica de homes contra as violencias machistas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Colectivo Feminista de Pontevedra dálle unha volta á publicidade machista na súa campaña do 25-N
Por Diego Espiño |
-
Concentración ante a Audiencia Provincial contra a "intolerable" e "patriarcal" sentenza de Juana Rivas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra, na rúa contra a "Xustiza patriarcal" que deixa a 'La Manada' en liberdade
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |