O Pazo da Crega, epicentro do Nadal en Barro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Barro volve organizar unha ampla e variada programación de Nadal, da que o Pazo da Crega seguirá sendo o seu espazo de referencia.
Este ano ademais dos habituais espazos para o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos, haberá outro onde serán protagonistas personaxes doutros Nadais do mundo.
Ningún visitante sairá indiferente das instalacións do Pazo, ambientado para a celebración destas festas, que serán inauguradas o venres 21 e que seguro que sorprenderán a pequenos e maiores.
Están programadas moitas e moi variadas actividades dende este venres 21 ao 6 de xaneiro, pensadas para todos os gustos e todas as idades. Dentro desta programación terán un papel principal as entidades de Barro: coros e Coral Polifónica, Grupo de Danzas Amor Ruibal e Banda Xuvenil, ademais doutros músicos locais.
A Cabalgata de Reis que se vai celebrar o día 5 de xaneiro a partires das 17:30 horas, sairá do Pazo ata a Nave da Música onde se celebrará unha festa infantil con chocolotada.
Ademais desta programación tamén se organizaron actividades de Nadal na Biblio e un Espazo de Lecer para que os nenos sexan parte activa do Nadal en Barro nestas semanas de vacacións.