Reabren o terceiro andar do centro de saúde Virxe Peregrina
Por Redacción
A xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés reabriu este luns o terceiro andar do centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra, tras subsanar unha incidencia producida a semana pasada sobre un sector do teito dunha sala de espera.
Tras a labor de operarios de rehabilitación de estruturas, coa coordinacion de técnicos de mantemento desta área sanitaria -que delimitaron e sinalizaron a zona- dita sala de espera quedou rehabilitada e operativa para o inicio da actividade.
Coa reapertura deste terceiro andar, a prestación asistencial de Atención Primaria aténdese con normalidade en todas as áreas deste centro de saúde pontevedrés.