O Centro Méndez Núñez celebra os seus 30 anos
Por Redacción
Tres décadas de traballo e de servizo ao colectivo de persoas con diversidade funcional ben merece unha celebración.
Así o entende o Centro Méndez Núñez, residencia e centro ocupacional situado en pleno centro histórico na que desenvolve a súa actividade a asociación de persoas con discapacidade Virgen de la O e que presentou un calendario con diversos actos cos que ten previsto celebrar os seus 30 anos de vida.
"Son actividades para que la gente se pueda a cercar a nosotros y nos puedan conocer", explicou a coordinadora das mesmas, Fátima Freaza, acompañada de María Luisa Dónega, representante da asociación, e da concelleira Anxos Riveiro.
A primeira destas citas, unha exhibición de habilidades físicas, estaba prevista para este martes 18 de decembro, aínda que tivo que ser cancelada polo mal tempo previsto.
Ademais está previsto que un grupo de persoas con diversidade funcional participen como grupo nas Mmurgas do entroido pontevedrés, en abril organizarase unha xincana accesible, en maio unha representación teatral no Teatro Principal e en xuño pecharanse os actos realizando o Camiño de Santiago co apoio da asociación Discamino.