Boa Vida fai un chamamento para loitar este Nadal contra a pobreza
Por Redacción
A asociación Boa Vida puxo en marcha a campaña para estas festas 'No Nadal aposta pola comunidade' coa que quere loitar para erradicar a pobreza de Pontevedra.
Nesta iniciativa propoñen que todas aquelas persoas que queiran colaborar doen diferentes obxectos como roupa, xoguetes, calzado, toallas, mantas, calefactores, computadores ou calquera outro material que poida ser vendido na tenda de segunda man que ten esta asociación en cálea Cruz Vermella.
Co que se obteña da venda destes obxectos colabórase en manter os contratos de formación e bolsas para familias con dificultades económicas. O obxectivo é dar formación para facilitar que estas persoas sen recursos poidan lograr un posto de traballo.
Neste ano lograron formar a máis de 35 persoas e dez familias conseguiron ingresos que permitiron unha mellora na súa calidade de vida, ademais da súa inserción social e laboral.
Nesta campaña propóñense conseguir 3.500 euros de ingresos que permitan axudar a outras 11 familias en risco de exclusión.
A tenda de xoguetes da asociación estará aberta na rúa Cruz Vermella, número 12, de luns a sábado, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas. Tamén se mantén aberta a tenda solidaria na rúa Santa Clara 35, nos mesmos horarios, e a venda de lotería de Nadal.
Relacionadas:
-
"Na pandemia tivemos que comprar produtos de primeira necesidade para familias"
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
Boa Vida celebra o seu I Encontro Anual para sensibilizar á poboación sobre a pobreza
Por Almu Dapena |
-
Unha exposición mostra a reciclaxe como unha ferramenta de inclusión social e laboral
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: 'Sentidiño na rede' e cos regalos tecnolóxicos de Nadal
Por Marisa Ciordia |