Licitada a construción da nave temporal de piragüismo en Baltar
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo sacou a licitación a construción do club de piragüismo temporal que se instalará na praia de Baltar.
Este proxecto está valorado en aproximadamente 280.000 euros e consiste na construción de dúas naves modulares que se instalarán onde se atopa o módulo de servizos.
Unha vez dispóñase do club de piragüismo definitivo poderán ser utilizadas como equipamentos noutras praias ou zonas do municipio.
Contémplase un prazo de execución das obras de catro meses desde o final da licitación, polo que a previsión é que a nave poida entrar en funcionamento xa na primavera. Polo momento, o prazo para a presentación de ofertas finaliza para as empresas interesadas o 26 de decembro.
O novo club de piragüismo terá unha superficie de 294 metros cadrados e incluirá un almacén para 104 embarcacións, un ximnasio, un local de instalacións, vestiarios feminino e masculino, aseos e un segundo almacén máis pequeno.