Sanxenxo acepta modificar o novo edificio do club de piragüismo de Portonovo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo acordou cos Ecoloxistas do Salnés algúns cambios no novo edificio do club de piragüismo de Portonovo para mellorar a súa integración na contorna, así como a protección das dunas da praia de Baltar.
O acceso ao novo club farase pola rampla de formigón que xa hai para acceder á praia, evitando así as ramplas previstas inicialmente que tiñan un maior impacto.
O exterior do edificio de formigón vaise revestir cunha celosía de listóns verticais de madeira natural para reducir o impacto visual.
Ademais, instalarase un valado lixeiro de madeira natural xunto á pasarela de madeira para protexer a vexetación dunar e tamén se vai a restaurar as zonas de duna próximas que están desgradadas.
Así mesmo, como se trata dun edificio que está previsto que se retire nuns anos, cando se faga un club de piragüismo definitivo integrado no novo proxecto da zona portuaria, o goberno comprometeuse a rexenerar a zona dunar que ocupasen as dúas naves.
O novo club de piragüismo ten unha superficie de 294 metros cadrados e está formado por 2 naves de 23,50 metros de longo, por 12,50 metros de ancho e unha altura máxima de 4,90 metros. As naves contarán con dúas portas de 1,60 metros para embarcacións e outras dúas de 0.90 metros para peóns.
Inclúen un almacén para 104 embarcacións, 70 K-1, 28 K-2 e 6 K-4. Ademais, haberá un ximnasio, un local de instalacións, vestiarios feminino e masculino, aseos e un segundo almacén máis pequeno.
O investimento previsto nestas instalacións é de 271.919 euros e o goberno espera que a instalación das naves e as obras que comportan poidan estar concluídas na primavera. O Concello dispón dun permiso provisional de dous anos do Servizo de Costas de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A nova sede do clube de piragüismo de Portonovo estará lista en tres semanas
Por Redacción |
-
Tres empresas aspiran a construír a nave modular do club de piragüismo de Portonovo
Por Redacción |
-
Licitada a construción da nave temporal de piragüismo en Baltar
Por Redacción |
-
O goberno local presentará en novembro o proxecto da zona portuaria de Portonovo
Por Redacción |
-
Unha instalación modular acollerá temporalmente ao Club de Piragüismo
Por Redacción |