O GALP Ría de Pontevedra organiza unha ruta centrada nos faros
Por Redacción
O GALP Ría de Pontevedra organiza o vindeiro luns 10 de decembro unha xornada de traballo e viaxe de familiarización pola ría de Pontevedra dirixida aos asociados da Ruta dos Faros de Galicia e Mar Galaica.
A Ruta dos Faros é unha iniciativa dos GALP que busca dinamizar a franxa costeira galega, poñendo en valor os recursos que forman parte do turismo mariñeiro en xeral e os faros en particular.
Esta xornada enmárcase dentro dun proxecto de cooperación no que participan tódolos GALP galegos. Así, a esta actividade convidouse a tódolos socios da Ruta dos Faros e de Mar Galaica presentes no territorio do GALP Ría de Pontevedra, co propósito de que se convertan nos principais coñecedores dos recursos presentes na ruta e tamén así nos seus máis importantes prescriptores.
Por este motivo o programa inclúe unha sesión de traballo que servirá tanto para que os empresarios estreiten lazos entre si como para que coñezan en profundidade o proxecto. Asemade, acompañarase ás mariscadores da Asociación de Mulleres Mar de Poio nunha xornada de traballo, navegarase pola ría a bordo dun catamarán para visitar a Illa de Tambo e as bateas e finalmente realizarase unha visita ao Museo Massó de Bueu.
Así mesmo, para favorecer os traslados aos participantes facilitarase transporte público que partirá de Sanxenxo, Meaño, Pontevedra, Marín e Bueu.