Empresarios e axentes turísticos participan na Ruta dos Faros do GALP Ría de Pontevedra
Por Redacción
O GALP Ría de Pontevedra desenvolvía esta semana unha xornada de traballo cunha visita para amosar a Ruta dos Faros de Galicia e os principais recursos do fondo da ría pontevedresa.
Nesta iniciativa participaban asociados á Ruta dos Faros, Mar Galaica do territorio do GALP Ría de Pontevedra, ademais de representantes doutras empresas e colectivos relacionados con este ámbito. Tamén participaron responsables de restaurantes que forman parte de pescadoartesanal.com, unha plataforma de venda conxunta das lonxas da Ría de Pontevedra.
Desta forma, ao redor de trinta axentes turísticos levaron a cabo un famtrip, unha cita na que se presentou a Ruta dos Faros como produto turístico, ademais de analizar as propostas previstas para o ano 2019.
A xornada tamén serviu para que os participantes sentaran as bases para futuras colaboracións e estableceran puntos en común dos distintos negocios.
A actividade contou cunha visita guiada aos bancos marisqueiros das praias de Lourido. Integrantes da Asociación de Mulleres do Mar de Poio ofreceron explicacións sobre o traballo que desenvolven. A continuación presentouse a Ruta dos Faros no local da Asociación de Veciños de Lourido para, acto seguido, embarcar no Pelegrín percorrendo a ría desde o porto de Combarro.
Os visitantes coñeceron a Illa de Tambo e o Faro en Punta Tenlo que se atopa neste espazo natural. Con esta viaxe comprobáronse as posibilidades turísticas que ofrece a ría para levar a cabo actividades náuticas e mariñeiras. O desembarco levouse a cabo no porto de Bueu para, a continuación, realizar unha visita polo Museo Massó. Alí os participantes realizaron un cambio de impresións sobre as opcións que ten a ría como oferta de cara o turismo.
Relacionadas:
-
O GALP Ría de Pontevedra investirá preto de 2,5 millóns de euros en proxectos para dinamizar o litoral
Por Redacción |
-
O Porto renova o pavimento dos pantaláns deportivos
Por Redacción |
-
O GALP Ría de Pontevedra organiza unha ruta centrada nos faros
Por Redacción |
-
Encontro das mulleres do mar de Candieira para amosar os resultados deste proxecto
Por Redacción |
-
As mariscadoras da ría publican unha guía de consellos para evitar lesións na práctica extractiva
Por Redacción |