Cuntis pide formación sobre a custodia do territorio na Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, interviña este xoves nunha xuntanza do Consello de Goberno da Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade que se organiza no Palacio Municipal de Congresos de Madrid.
O alcalde destacou a importancia de abordar o déficit de información e formación sobre a custodia do territorio. Precisamente, o vindeiro ano vai celebrarse unha xornada técnica para tratar estes temas relacionados coas entidades locais.
Este encontro busca establecer un marco para impulsar políticas e programas que favorezan a conservación e o fomento da biodiversidade, a protección do medio hídrico, a mellora da conectividade ecolóxica e o tratamento dos ecosistemas.
O Concello de Cuntis ocupa un dos postos de vogais dentro do consello de goberno desta rede.