As obras na rúa Inferniño causan un escape de gas
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
As obras de humanización da rúa O Inferniño provocaron este luns un escape de gas.
O suceso tivo lugar pasadas as catro da tarde cando os operarios que traballan nesta rúa perforaron a condución do gas o que obrigou a cortar o viario e a reter aos veciños nas súas vivendas, por razóns de seguridade.
Os bombeiros do parque do Morrazo acudiron ao lugar do incidente, así como empregados do servizo técnico.
Non é a primeira avaría causada polo desenvolvemento das obras, xa que con anterioridade os operarios que traballan nesta rúa deixaron sen conexión a internet e sen liña telefónica durante quince días a diferentes puntos do centro urbano de Marín.