O BNG pide solucións á carencia de lugares onde aparcar o coche en Marín
Por Oskar Viéitez
O BNG critica a falta de lugares onde estacionar os vehículos en Marín, agravada nos últimos tempos polo aumento do parque móbil e as obras do colector xeral na avenida de Ourense e nas rúas do Inferniño e José del Río.
Os nacionalistas valoran que as solucións aportadas polo goberno local "foron a todas luces insuficientes e pouco idóneas", baseándose estas na disponibilidade dun par de zonas situadas nas rúas José del Río e República Arxentina "e na conversión da barriada Virxe do Carme nun gran aparcadoiro" o que, ao seu xuízo, "amais de non solventar o problema do aparcamento, causa un importante prexuizo na calidade de vida da veciñanza".
O BNG critica a "falta de previsión" do goberno da alcaldesa María Ramallo e pide que se aborde este problema "con seriedade", polo que considera "necesaria" a elaboración dun estudo técnico que permita ofrecer solucións.
Relacionadas:
-
Uns particulares ceden ao Concello o uso dunha parcela para aparcadoiro
Por Redacción |
-
Marín chega a acordos con donos de terreos para crear aparcadoiros durante as obras na avenida de Ourense
Por Redacción |
-
Marín disporá de tres "leiraparkings" na rúa Inferniño
Por Redacción |
-
As obras na rúa Inferniño causan un escape de gas
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Mellorar a mobilidade e o saneamento, obxectivos das obras abertas na avenida de Ourense
Por Redacción |
-
Marín busca parcelas para habilitar aparcamentos disuasorios
Por Redacción |
-
Marín inicia as obras do colector xeral na Avenida de Ourense
Por Redacción |