39.000 euros para a mellora da rede de camiños en Laxos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O goberno local de Cuntis levou a cabo a mellora da rede de camiños no lugar de Laxos. Segundo sinalan desde o Concello, estes tramos atopábanse moi deteriorados.
A veciñanza demandara estas obras e o Concello asinou un convenio coa Consellería de Presidencia para levar a cabo estes traballos. O orzamento ascende a 39.000 euros.
Con esta mellora resólvense os problemas de servizos nesta contorna. A actuación encádrase na intención do Concello de Cuntis de fixar poboación en zonas rurais.