Sogama negocia co Concello da Lama o mantemento da planta de transferencia
Por Redacción
O xerente de Sogama, Javier Domínguez, e o alcalde da Lama, Jorge Canda, acordaron asinar un convenio co fin de que o Concello se faga cargo, nun futuro inmediato, do mantemento da planta de transferencia existente no municipio.
Jorge Canda agradeceu a visita do xerente de Sogama e trasladoulle a súa boa disposición a subscribir este convenio a condición de que se proceda á renovación do parque de contedores existente no municipio os cales, en moitos dos casos, superan os dez anos de vida.
O rexedor tamén estableceu como elemento compensatorio por afrontar este mantemento o pago, por parte de Sogama ao Concello, dun canon anual en función das toneladas de lixo recollidas neste recinto de pretratamiento ambiental.
Tendo en conta que a planta de transferencia da Lama recolle na actualidade os residuos sólidos urbanos de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, Cotobade e A Lama para o seu empacado e traslado posterior en camións de Sogama á súa central de Cerceda, o alcalde suxeriu o establecemento dun sistema en función do peso procesado co fin de que a cantidade entregada axustásese á realidade do lixo concentrado neste establecemento situado no polígono industrial de Racelo.