Portas estrea a súa nova depuradora
Por Redacción
Unha achega de 212.789 euros, a través do Plan Concellos da Deputación, permitiu que o municipio de Portas conte cunha nova depuradora.
As instalacións foron inauguradas este xoves polo alcalde de Portas, Víctor Estévez, e o deputado provincial Santos Héctor.
Esta nova depuradora de leito bacteriano ten capacidade para beneficiar a 1.000 habitantes e a súa instalación levou aparellada diferentes actuacións como a mellora do acceso á parcela, a urbanización do interior da parcela con acabado vexetal e a colocación dunha caseta auxiliar para cadros eléctricos e un almacén.
Ademais tamén se instalou un peche perimetral con valla metálica e un portón de acceso.
O alcalde destacou que a nova depuradora, a primeira que hai no concello, "é un importante investimento que vai supoñer moita más limpeza".