Vivir non sempre é cuestión dun mesmo, tamén pode ser cuestión do que fagan, ou o que non fagan terceiros. A invitada deste Cara a cara é unha deses 'terceiros' que si que fan. Alba Rodríguez Santos, é xornalista, medio arousá, medio pontevedresa, "vagamunda" e acompáñanos en PontevedraViva Radio.
A súa inquietude vital levouna a Latinoamérica, onde tivo ocasión de coñecer a Eduardo Galeano, Mario Benedetti ou ao ex presidente uruguayo José Mújica. Xa instalada en Madrid, cun traballo no departamento institucional do Parlamento, fixo un rompe e rasga nos primeiros capítulos da crise. Lembra neste Cara a cara que Manuel Fraga díxolle: "nena, por fín en algo estamos de acordo. Isto non é para tí". E aparcou o xornalismo político.
Naquel momento de cavilación apareceu Auxi. Unha nena de dous anos, cuxa nai vendera todo para irse a Madrid, onde estaba a única posibilidade de salvación para a enfermidade que tiña a menor. Con ela xurdiu Somos Nupa e ata hoxe 373 nenos tiveron atención nesta ONG. Particulares como o Pai Anxo, Adolfo Olloqui ou colectivos como a Asociación de Futbolistas Españoissumáronse a esta causa.