A Pontevedrada segue sumando quilómetros solidarios
Por Cristina Saiz & Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Segue sumando quilómetros de solidariedade a Pontevedrada, o proxecto solidario que impulsou Raúl Álvarez recollendo a idea da 'Valvanerada'. Curiosamente a marcha rioxana desapareceu o ano pasado tras case catro décadas de existencia. Aquela iniciativa que organizaba a Irmandade de Doantes de Sangue deixou de realizarse polos problemas que atravesaba a asociacion, froito dun longo conflito co Gobierno de La Rioja.
A testemuña recolleuna con forza a Pontevedrada como demostraron os máis de 1.400 participantes que este ano se animarón a camiñar senón todos, boa parte dos 66 quilómetros que separan a Pontevedra de Santiago de Compostela.
O propósito concienciar á poboación sobre a importancia da doazón de órganos, tecidos e sangue.
Ademais dos organizadores, ASAMPO, na marcha tamén participaron diferentes asociacións, como a Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal, ASSEII, así como enfermos de crohn ou Esclerose Lateral Amiotrófica, ELA. Ao respaldo das institucións tamén se sumou a participación persoal do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o novo xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra, CHOP, José Ramón Gómez Fernández.
EMOTIVO RECORDO
Na saída da Pontevedrada houbo un emotivo recordo a Alfredo Ara, xerente de Máis Xardín, falecido esta semana aos 50 anos de idade.
As súas dúas irmás participaban todos os anos nesta marcha a Santiago e sinalaron como Alfredo deu exemplo doando todos os seus órganos. Especialmente dedicado ao seu irmán gardouse un minuto de silencio na praza da Ferrería que culminou cun forte aplauso en recoñecemento "a toda a xente que por quedarse no camiño permitiu a outros continuar nel e aqueles que en vida doaron para dar esa posibilidade a outra xente".
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: Alba Santos, a "vagamunda" de Somos Nupa
Por Marisa Ciordia |
-
A Pontevedrada supera o milleiro de inscritos
Por Redacción |
-
Camiñar para dar vida, chega unha nova edición da Pontevedrada
-
Cen globos para fomentar a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos
Por Redacción |
-
Visibilizar os pacientes de Crohn ou colite ulcerosa, obxectivo dunha xornada informativa no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Todo preparado para que 1.400 persoas participen este sábado na Pontevedrada
Por Redacción |
-
'Ponti', un corazón solidario que irá pasando de man en man na Pontevedrada para agasallar vida
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |