O Banco de Alimentos en Pontevedra busca 500 voluntarios para a súa Gran Recollida Solidaria
Por Redacción
Medio centenar de superficies comerciais de Pontevedra, Sanxenxo, Marín, Soutomaior, Lalín e Vilagarcía volverán sumarse o 30 de novembro e o 1 de decembro na Gran Recollida Solidaria que organiza a Fundación Banco de Alimentos, unha acción para a que necesitan a 500 voluntarios.
O obxectivo da ONG en Pontevedra é alcanzar os 160.000 quilos de alimentos recollidos, superando así os 120.000 recadados durante a pasada edición.
En rolda de prensa celebrada este luns, o presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos, Pedro Pereira, e o responsable da ONG en Pontevedra, José Luis Doval, fixeron un chamamento á cidadanía para participar nesta campaña solidaria "regalando catro horas do seu tempo a favor das persoas máis desfavorecidas".
A cambio desta colaboración "ofrecémoslles unha experiencia máis que enriquecedora a nivel persoal", sinalou Pereira, á vez que alertou do desabastecemento actual do almacén pontevedrés que reparte comida entre 32 entidades homologadas, a través das cales, chega a unhas 5.000 persoas con dificultades.
As persoas interesadas en facerse voluntario do Banco de Alimentos teñen que cubrir un formulario colgado na web bancoalimentosvigo.org ou tamén poden chamar ao teléfono 986 865301.
O próximo 14 de novembro a Fundación Banco de Alimentos presentará ao personaxe público "máis que coñecido e comprometido con causas sociais" que actuará como "embaixador particular" para a Gran Recollida Solidaria e co que pretende darlle un impulso mediático a esta iniciativa.
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos aínda precisa 100 persoas voluntarias para a Gran Recollida Solidaria
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos recolle 6.000 quilos de comida no #MayoSolidario
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos en Pontevedra recada 16.000 quilos de comida na súa primeira Operación Quilo de 2018
Por Redacción |