Nace en Marín o Colectivo Feminista Zeivas
Por Redacción
Reivindicar a igualdade de xénero en Marín para erradicar "situacións machistas, opresoras e violentas" é un dos obxectivos do Colectivo Feminista Zeivas que acaba de presentarse en Marín.
O obxectivo, sinalan os seus responsables, é que "sirva de punto de encontro entre diversas accións feministas e darlles voz ás minorías oprimidas".
A Praza da Capirota foi o escenario elixido para que o colectivo se estrease, no que foi unha homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez, vítima do franquismo fusilada en 1936 no Pozo da Revolta.
Un dos primeiros xestos de Zeivas foi mostrar o seu apoio ás empregadas do sector de elaborados do mar que traballan no Porto de Marín e que se atopan en folga.
Aínda que a organización rexeita calquera etiqueta política a presidenta de Zeivas, Lupe Solla, explicou que "o feminismo é política desde o momento en que é unha loita contra todas as formas de opresión".
Despois da presentación, que contou coa participación da poeta marinense Lara Dopazo Ruibal e do grupo MarDeAfora, unha das primeiras actividades do colectivo será retomar o Club de Lectura Feminista. Así, leste mesmo mes realizarase a primeira reunión para analizar "Singulares", unha obra de Antía Yáñez galardoada do Premio Illa Nova de Narrativa 2018 que aborda a violencia machista.