Oito de cada dez reclusas sufriron violencias machistas
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra colgou este luns no balcón do Pazo Provincial unha pancarta contra as violencias machistas. Trátase dun preludio das actividades programadas con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Neste contexto, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, avanzou que este luns termina o programa "Mulleres en acción, Violencia Zero" cun acto no Centro Penal da Lama onde case un centenar de mulleres cumpren condena.
Carmela Silva destacou algúns "datos asombrosos" revelados por un estudo elaborado polo Instituto da Muller e Institucións Penitenciarias, no que se recolle que "polo menos un 80% das mulleres recluídas en España foron vítimas de violencias machistas".
Un 68% de tipo sexual e dentro desta porcentaxe o 41% sufriuno de maneira sistemática (59% no ámbito familiar e o 25% sendo menores). A violencia física afecta ao 74% de reclusas.
Relacionadas:
-
Pontevedra 'tirará das orellas' ao ámbito xudicial con motivo do 25-N
Por Alejandro Espiño |
-
O ciclo Violencia Zero pecha etapa cunha intervención na prisión da Lama
Por Redacción |
-
Nace en Marín o Colectivo Feminista Zeivas
Por Redacción |
-
Sete adolescentes de Pontevedra están protexidas por ser vítimas de violencia machista
Por Alejandro Espiño |
-
Convocan a segunda edición do concurso escolar de debuxo e relatos contra a violencia machista
Por Alejandro Espiño |