Os xardíns do Pazo de Quintáns, en plena limpeza
Por Redacción
O goberno municipal de Sanxenxo acordou destinar 15.000 euros a unha serie de traballos de limpeza e mantemento dos xardíns que rodean o Pazo de Quintáns.
Trátase dunha leira de máis de 10.000 metros cadrados na que existen numerosas especies como carballos, castiñeiros, enebros, loureiros, palmeiras, todo tipo de froiteiros e unha ampla variedade de arbustos e outras plantas.
Todo iso compleméntase con algúns elementos arquitectónicos de gran valor, como unha fonte, un gran hórreo, bancos e un muro de pedra de tres metros de alto, que rodea toda a leira e divide o seu interior en distintas zonas.
A ampla leira, unha vez rehabilitado o edificio, permitirá que os veciños gocen dun enclave privilexiado, pois á beleza do seu contido hai que sumar as vistas que ofrece sobre as dúas rías e a zona da Lanzada.
Os traballos que empezaron este luns consisten en inventariar o arboledo e a vexetación da leira, na roza e eliminación de plantas invasoras e trepadoras e na realización dunha serie de tarefas mantemento e podas de conservación.
Os amplos xardíns da leira non tiveron ningún tipo de mantemento desde hai 20 anos e, por tanto, está invadida de malas herbas, plantas invasoras. Ademais, algunhas árbores están a ser prexudicadas polas ramas doutras da súa contorna.
O Concello lembra que, en breve, procederase á licitación da rehabilitación do propio pazo, un edificio de dúas plantas ao que se vai destinar un investimento de 1.9 millóns de euros, que achegan entre o Concello e o Ministerio de Fomento.
Relacionadas:
-
Licitan a reforma do Pazo de Quintáns para que se convirta en Museo do Patrimonio Cultural
Por Redacción |
-
Sanxenxo dispone de 1,9 millones de euros para la rehabilitación del Pazo Quintáns
Por Redacción |
-
Luz verde de Patrimonio á rehabilitación do Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
O Concello adxudica a redacción do proxecto básico e de execución do Pazo de Quintáns
Por Redacción |