O PP de Ponte Caldelas presenta un proxecto para a Praza de España "máis barato e menos traumático"
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular expresou, ante o inicio das obras na Praza de España, a súa oposición á "destrución" dos xardíns de Carballal. Propón un modelo "máis barato e menos traumático" para este espazo público, onde defenden un uso "harmonizado" para peóns coa zona de aparcamentos agora existente e cun custe orzamentario inferior á metade do presupuestado polo tripartito.
As obras da praza de España entran na fase de instalación dos servizos soterrados. O Concello anunciou só dous cortes de auga programados, un para este xoves e outro para o remate, cara finais de decembro.
O venres quedará tamén culminado o apeo da escultura da troita, que vai ser recolocada para presidir a nova fonte luminosa, e do actual chafarís, que pasará a funcionar na rotonda na nova praza entre o colexio Cordo Boullosa e o parque infantil.
O equipo de goberno agradece a comprensión da veciñanza diante das inevitables molestias.