Adxudicadas as obras para reformar a contorna da Praza de España de Ponte Caldelas
Por Redacción
En cuestión de días, segundo confirmou o goberno local de Ponte Caldelas, comezarán as obras de reforma na contorna da Praza de España tras ser adxudicados os traballos ás empresas Audeca e Nexia Infraestruturas.
Trátase dunha actuación financiada con cargo ao Plan de Reequilibrio da Deputación que contará cun investimento total de 470.000 euros e que se centrará nos 4.000 metros cadrados de superficie que compoñen a Praza de España, parte da Avenida de Vigo e os xardíns de Carballal.
O obxectivo desta actuación é crear un gran espazo a un só nivel, que conservará un carril de saída de tráfico da avenida de Marín e que inclúe a colocación dunha fonte luminosa de última xeración fronte á Alameda.
Crearase unha nova praza e mellorarase a seguridade viaria na contorna do colexio Cordo Boullosa, trasladando o aparcadoiro dos autobuses á chaira do instituto, polo que os autocares só pararán na porta para deixar e recoller ao alumnado.
Estas obras supoñen ademais un preludio da reforma completa da Avenida de Vigo, onde se reducirá o tráfico a un carril para gañar o espazo necesario para 200 aparcadoiros en batería.
Relacionadas:
-
A nova praza de España de Ponte Caldelas poderá inaugurarse en xaneiro
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas presenta un proxecto para a Praza de España "máis barato e menos traumático"
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello reforma a rúa Concepción Arenal como paso previo ás obras na praza de España
Por Redacción |