A nova praza de España de Ponte Caldelas poderá inaugurarse en xaneiro
Por Redacción
As obras da humanización da Praza de España e do primeiro tramo da avenida de Vigo de Ponte Caldelas estarán rematadas e a nova praza prevese inaugurar o próximo mes de xaneiro.
Así o deron a coñecer este xoves a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que visitaron as obras.
As obras teñen como obxectivo eliminar as barreiras arquitectónicas existentes, converter este espazo público nunha plataforma única e mellorar a zona.
O proxecto, que conta cun orzamento de 382.123,45 euros, está financiado na súa totalidade pola Deputación a través do Plan de Reequilibrio, que concede 305.698,76 euros, e do Plan Concellos, que achega os 76.424,69 euros restantes.
Carmela Silva amosou a súa satisfacción e o seu orgullo "porque seguramente esta vai ser unha das prazas máis fermosas na provincia" de Pontevedra e, polo tanto, un modelo a seguir para os demais concellos. Ademais, insistiu en que vai permitir que os veciños de Ponte Caldelas conten "cun espazo central, un espazo público, no que poderán descansar, socializar ou reunirse".
Andrés Díaz, pola súa banda, sinalou que "estamos a falar da maior reforma urbana da historia deste concello".
Relacionadas:
-
Os bancos "modelo Ponte Caldelas" disporán de cargador de teléfono móbil
Por Redacción |
-
A feira de Ponte Caldelas, de estrea: arranca a súa nova etapa na Praza de España
Por Redacción |
-
A Deputación financia a mellora de viais en Esfarrapada, O Sobreiro, Tourón, Taboadelo e Pazos
Por Redacción |
-
A avenida de Vigo de Ponte Caldelas ve a luz
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas presenta un proxecto para a Praza de España "máis barato e menos traumático"
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello reforma a rúa Concepción Arenal como paso previo ás obras na praza de España
Por Redacción |
-
Adxudicadas as obras para reformar a contorna da Praza de España de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Audeca e Nexia remodelarán a praza de España e dos xardíns de Carballal
Por Redacción |
-
23 empresas optan a acometer a maior reforma urbana na historia de Ponte Caldelas, valorada en 670.000 euros
Por Redacción |