A chuvia apareceu, entre cervexa e salchichas, na Oktoberfest de Campelo
Por Redacción & Diego Torrado
Desde o día 11, a praza da Granxa en Campelo foi escenario da Oktoberfest, a festa cervexeira que se leva organizando desde hai seis anos.
Nesta ocasión, a choiva irrompeu durante a xornada do sábado e obrigou os responsables, os integrantes da Asociación Cultural e Deportiva Campelo, a suspender a Quedada Custom, unha cita para os amantes das motocicletas que estaba previsto desenvolver durante a tarde do sábado.
Durante estes días, diferentes agrupacións musicais como Dakidarría, Pablo Balseiro e Los Cascarillas ou Gin Toni's e Terapia de Grupo amenizaron as xornadas nas que a cervexa e as salchichas foron as principais protagonistas desta festa.
Ata a carpa desprazáronse persoas de toda a comarca e a organización contaba con máis de medio milleiro de salchichas e 3.000 litros de cervexa para celebrar unha festa que conta cun notable éxito.