Advirten do atasco no xulgado de violencia sobre a muller de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT sinalou que os asuntos de violencia sobre a muller aumentaron un 20% durante o que vai do 2018 na cidade de Pontevedra, e advertiron de que "os medios persoais e materias seguen sendo escasos" polo que denuncian o atasco existente.
Este sindicato afirma que "traballar de maneira eficaz e controlada é imposible" e critica que "son moitas as carencias que teñen estes xulgados".
A día de hoxe hai 226 denuncias presentadas, prácticamente as mesmas (279) que en todo o ano 2017.
E importante subliñar que o xulgado número 3, ao non ser exclusivo, ten que compaxinar as funcións de violencia coas propias dun xulgado de instrución. Así, cada dúas semanas entra de garda (recollida de denuncias, declaración de detidos, licenza de enterramentos, xuízos rápidos, requisitorias doutros xulgados...) e a maiores, durante a garda exercen de decano encargándose do reparto entre os tres xulgados de instrución.
Despois de tres meses de folga dos funcionarios da administración de xustiza galega no xulgado de violencia sobre a muller de Pontevedra, xulgado xa sobrecargado de por sí, "agora atopámonos con 206 demandas paralizadas, 118 sen nin sequera aceptar e 88 simplemente incoadas. 49 exhortos pendentes de aceptar". Os xuízos penais e os civís teñen un atraso de sete meses, denuncia o sindicato.
Dende Alternativas na Xustiza-CUT reclaman dous funcionarios de reforzo ou, cando menos, prolongacións de xornada para todos os traballadores.
Relacionadas:
-
Seis meses de prisión para un cangués que entrou pola xanela á casa da súa muller para agredila
Por Oskar Viéitez |
-
A provincia de Pontevedra ten activos 1.044 casos de violencia de xénero
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Un detido por intento de agresión sexual a unha moza na zona de acampada do Armadiña Rock
Por Natalia Puga |
-
O comisario da Policía Nacional despídese co caso Sonia Iglesias moi presente: "non tirei a toalla"
Por Natalia Puga |