O parque de Adina crece cun circuíto biosaudable á espera dun espazo canino
Por Redacción
A concellería de medio ambiente do Concello de Sanxenxo ampliou o parque de Adina coa instalación dun circuíto de elementos biosaudables.
Cun orzamento de aproximadamente 5.000 euros, levouse a cabo esta actuación para que pequenos e maiores poidan gozar destas instalacións xuntos.
Espérase que nos próximos días comecen as obras de construción dun parque canino na zona. Este parque estará situado na zona traseira da casa de Cultura.
A construción do parque conta cun orzamento de 20.296,67 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
A zona na que estará o parque comprende unha área total de 511 metros cadrados, nos que se colocará un valado metálico perimetral con paneis e unha porta de acceso.
Posteriormente instalaranse os diferentes elementos de xogo, de madeira tratase e polietileno. Haberá un anel, que será un panel cunha apertura para saltar, unha empalizada, que é unha pirámide antiescorregadiza con banzos para subir e baixar, un balancín e un túnel ríxido.