Cortado o tráfico na Rúa dos Campos
Por Redacción
Por mor das obras que se están realizando en Monte Porreiro, afundiuse a calzada, polo que foi preciso proceder ao corte total da rúa Dos Campos.
Segundo informou a Policía Local as obras terán unha duración de seis horas (entre as 14:30 horas e 22:30 deste martes).
O acceso a Monte Porreiro será pola Ponte das Palabras e Avenida de Bos Aires.
O afundimento da calzada foi o pasado xoves, 23 de agosto, con motivo das obras de soterramento da liña de alta tensión, afectando parte da calzada.
Non se puideron realizar antes estes traballos porque afectaban ao operativo de tráfico do Tríatlon da pasada fin de semana, polo tanto a empresa adxudicataria das obras balizou a zona e asegurou o paso de vehículos.
Agora aprovéitase para rematar as obras nese punto para que, cara a esta fin de semana, Feira Franca, estea totalmente operativo.
Relacionadas:
-
Esta semana comeza o pintado da sinalización horizontal na calzada das rúas de Pontevedra
Por Redacción |
-
Este luns abre Os Campos e pecha A Pomba debido ao soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro obriga a pechar Os Campos
Por Redacción |