Novo acto vandálico na capela de San Vicente do Mar
Por Redacción
A capela de San Vicente do Mar, no Grove, volveu a ser vítima da acción dos vándalos. Nos últimos días probablemente na noite do xoves 23 ao venres 24 de agosto, alguén rompeu os cristais das portas de acceso ao templo.
O propio párroco de San Vicente, Ventura Martínez, foi quen deu a coñecer a noticia a través dunha publicación na páxina de facebook da parroquia na que critica: "Non entenderei nunca como alguén se pode divertir rompendo os cristais dunha igrexa ou de calquera casa".
"Síntome triste e enoxado", engade a publicación, na que se dá conta da rotura de cristais, que aínda era visible na tarde-noite deste domingo na propia capela.
Os responsables deste acto utilizaron un obxecto contundente para romper parte dos cristais da porta de acceso e, segundo despréndese das primeiras indagacións, non chegaron a acceder ao templo nin a roubar ningún obxecto, por iso é polo que se cualificou os feitos de acto vandálico.
Esta non é a primeira vez que a capela é obxecto da acción dos vándalos. O incidente máis grave ata agora rexistrouse hai tres anos, en agosto de 2015. Un incendio queimou parte do interior da capela e afectou a algúns dos elementos situados dentro, tales como varias teas, o pedestal, o altar e un libro litúrxico.